Miña
Unha obra de teatro onde se resaltan as calidades do amor e a amizade, sen que esta última se vexa afectada polos estereotipos ideolóxicos que dividen ao ser humano entre esquerda e dereita. Por momentos traxedia, por momentos comedia, e por momentos profunda reflexión que axudará a tódolos personaxes a saber que algúns dos seus sentimentos son errados, que todos teñen razón nunha parte, e as diferentes partes axudarán a construír o crebacabezas das súas vidas. 'Miña' é unha obra teatral que empeza cunha dos personaxes procedendo ao seguinte descurso:"Eran felices, moi felices, con plans de futuro, estabilidade económica... ata que un día todo cambiou... Todo foi medrando coma unha bóla de neve tóxica... facéndose grande e máis grande... ata que se converteu nunha violenta avalancha... si... Foi unha traxedia que deixou unha ardente marca nos nosos corazóns. Podía agardar esa conduta de calquera... agás del... Lamentablemente, ese home era o meu amigo... e a súa noiva érao aínda máis... Agora escoitade atentamente e coñecede esta historia... unha historia na que o amor pasou na que o amor pasou a ser odio a consecuencia dun terrible virus, un virus chamado "machismo"."
115 pages
Other (gl) edition · First published 2020 by Independently Published · ISBN 9798645357191
Be the first to rate this book
Keep track of what you read
Book Nook is a free reading tracker with a 3D bookshelf, a reading timer, challenges with friends and a Reading Wrapped at the end of the year. Add Miña to your shelf in one tap.