Fantasmas De Luz
Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor. Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade. Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».
185 pages, 2 editions
Other (gl) edition · First published 2011 by Edicións Xerais de Galicia · ISBN 9788499141688
Be the first to rate this book
Editions
2 editions
Other (gl)
- Fantasmas De Luz · Edicións Xerais de Galicia · 2011 · ISBN 9788499141688 This page
- Fantasmas De Luz · Xerais · 2011 · ISBN 9788499144979
Keep track of what you read
Book Nook is a free reading tracker with a 3D bookshelf, a reading timer, challenges with friends and a Reading Wrapped at the end of the year. Add Fantasmas De Luz to your shelf in one tap.