Trece Anos De Branca
Product Description
Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio, o seu primeiro amor son escenas que van xurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.
About the Author
Naceu en Vilalba (Lugo) e, desde hai vinte anos, reside en Vigo. Ademais de perito industrial, é mestre e licenciado en Ciencias da Educación. Por máis de tres décadas traballou como docente no ensino primario e no secundario. Na actualidade, dedícase exclusivamente á escritura. É autor de numerosos títulos dirixidos, preferentemente, a lectores infantís e xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas. Ademais de premios tan importantes coma o Lazarillo ou o Nacional de Literatura, tamén obtivo o Premio EDEBÉ, tanto na súa Modalidade Xuvenil coma na súa Modalidade Infantil. No ano 2011, foi seleccionado como candidato español ao prestixioso Premio Andersen.
123 pages
Other (gl) edition · First published 2005 by Rodeira · ISBN 9788496352520
Readers also shelved
Be the first to rate this book
Keep track of what you read
Book Nook is a free reading tracker with a 3D bookshelf, a reading timer, challenges with friends and a Reading Wrapped at the end of the year. Add Trece Anos De Branca to your shelf in one tap.
Mi Nombre Es SkywalkerAgustín Fernández Paz